domingo, 18 de outubro de 2020

xoves, 28 de maio de 2020

Pasapalabra

 Hoxe vamos botar man dun xogo moi coñecido  o PASAPALABRA !!   Canto sabes de Educación Física?

Seguro que moitísimo!!! preme na imaxe e vai ao rosco final de PASAPALABRA!!!






fonte: este recurso foi elaborado polo mestre Álvaro Sacristán

domingo, 24 de maio de 2020

RCP. Reanimando

    Continuamos falando de Primeiros auxilios!!

    desta volta vamos profundizar na maniobra de reanimación cardopulmonar ou o que é o mesmo RCP. Lembrade que a realizamos cando a persoa está inconsciente e NON respira.
Que facemos se respira ? pois colocala en Posición Lateral de Seguridade

No seguinte video vamos a lembrar cómo a colocamos, onde me coloco, cando aviso, que ritmo deben levar as compresións, cantas debo facer...?


1º visualizamos este video de CRUZ VERMELLA para lembrar a maniobra





2º  realizamos este cuestionario de KAHOOT , lembrade poñer o voso NOME e CURSO para poder avaliar positivamente os vosos coñecementos








SEGURO QUE REFRESCAMOS UNHA MOREA DE  COÑECEMENTOS!!


xoves, 21 de maio de 2020

Viñas con Saúde II

CANTOS HÁBITOS DE SAÚDE SUMASTES??? espero que moitos....

Hoxe imos facer un pequeno repaso e poñernos a proba!!

A  Pirámide da Actividade Física foi creada pola Park Nicollet Medical Foundation, fundación americana pola defensa dunha vida máis saudable. É unha representación gráfica da importancia  e a frecuencia da actividade física .





































PREME na IMAXE para ir ao xogo




Para as familias máis curiosas se queredes completar a información aquí vos deixo dous enlaces onde podedes profundizar nos Hábitos de Saúde

https://www.fundacionmapfre.org

https://galiciasaudable.xunta.gal



mércores, 13 de maio de 2020

CONDUTA PAS


    Nesta entrada vamos lembrar  algún contido de PRIMEIROS AUXILIOS. Que  significaba PAS ? por que era tan importante lembrar estas siglas en caso de accidente ou emerxencia?

 

   Cando estamos nunha situación de emerxencia  que era prioritario? lembrades? siiiiiii manter a calma!

1º vamos visualizar este video de CRUZ VERMELLA
2º repasamos o aprendido con un pequeno xogo




  XA O RECORDAMOS ?? AGORA PREME NA IMAXE PARA FACER O CUESTIONARIO!!

lembrade poñer o voso NOME e CURSO para poder avaliar positivamente os vosos coñecementos

SORTE!!!







luns, 11 de maio de 2020

Acrosport...en familia!

A estas alturas do curso estariamos a traballar o acrosport, posiblemente sexa unha unidade das que máis lle gusta a nenos e nenas. En que consiste? Pois é unha disciplina mestura de forza, equilibrio e flexibilidade. A nivel escolar comezamos con figuras e progresamos cara pirámides.
O traballo en equipo e o sentido da responsabilidade e a seguridade convérteno nun traballo moi enriquecedor.
Aquí vos deixo a miña proposta do... Xogo do ACROSPORT!!!!!

luns, 4 de maio de 2020

Lesións deportivas


    Un dos temas que relaciona a área de educación física e ciencias naturais é o tema das lesión deportivas. Coñecer cales son implica coñecer previamente que estructuras se poden danar e eso traballámolo dende PSICOMOTRICIDADE ATA SEXTO. Como vedes na imaxe as máis comúns afectan a  músculos, tendóns, ligamentos...





Para reforzar o voso coñecemento sobre o aparello músculo-esquelético propóñovos estas fichas interactivas.

      IMPORTANTE!!!

1. Entrar no link correspondente
2. Realizar a ficha e premer  en terminado
3. Preme e Enviar mis respuestas a mi profesor
4. Cubre o campo:   Nome do alumno
5. Cubre o campo código profesor que é   3x4yqh4a5b
6.  Preme en SEND

PSICOMOTRICIDADE

REPASO PARA 1º E 2º DE PRIMARIA

REPASO PARA 3º/ 4º DE PRIMARIA

REPASO PARA 5º/ 6º DE PRIMARIA


AGARDO A VOSA PARTICIPACIÓN!!!




xoves, 30 de abril de 2020

TCA trastornos Conduta Alimentaria

     Nesta entrada vamos a tratar os trastornos das condutas alimentarias TCA. Nas clases de educación  física traballamos os hábitos saudables, o plato Harvard, a importancia das froitas... pero hoxe vamos apuntar unha problemática que pode afecta dende idades escolares aos nosos nen@s .


ENFOQUE 1:  PARA ESCOLARES





DESTACAMOS TRES TRASTORNOS:

ANOREXIA NERVIOSA: é un transtorno do comportamento alimentario moi grave. Cunha preocupación excesiva pola  figura,desexo irrefreable por adelgazar, deixan de comer moitos alimentos que consideran  que teñen moitas calorías, pero por moito que adelgacen  presentan unha distorsión da súa imaxe corporal (non lle gusta o que ven no espello). Introvertidos, fuxen das comidas en familia con calquera desculpa, exercicio físico abundante, sensación de frío e estrinximento a cotío.




BULIMIA NERVIOSA: caracterízase por episodios de atracóns (inxesta voraz e incontrolada),  nas que inxire gran cantidade de alimento en pouco espazo de tempo, normalmente en secreto, e con sensación de pérdida de control. Intentan compensar os efectos da sobreinxesta mediante vómitos autoinducidos, exercicio físico, laxantes... Pasa máis desapercibida que a anorexia.

TRASTORNO POR ATRACÓNS: CaracterÍzase pola inxesta voraz (atracóns), similar á dos pacientes con bulimia nerviosa. A diferencia está en que a persoa con trastorno por atracóns non incurre en mecanismos compensatorios á inxesta voraz, co paso do tempo camiñaremos cara un problema de sobrepeso e obesidade.

    ENFOQUE  2:  PARA FAMILIAS
A información aportada nesta entrada está extraída da plataforma dixital  FAROS Sant Joan de Déu  para a promoción da saúde o benestar infantil  do Hospital Sant Joan de Dèu Barcelona

    Os trastornos da conduta alimentaria (TCA) constitúen un grupo de desórdes mentais que se caracterizan por unha conduta alterada fronte á inxesta alimentaria e pensamentos erróneos en relación á dieta, o peso e a  figura corporal. Son patoloxías de orixe multifuncional con diversos factores implicados.


fonte: Hospital Clinic Barcelona

Decálogo para previr os transtornos da conduta alimentaria

  1. Potenciación da autoestima: importancia de reforzar positivamente a súa personalidade eas súas habilidades en vez de aquelo que ten que ver coa apariencia física.
  2. Favorecer unha autoimaxe corporal positiva:  aceptar as diferencias e potenciar o respecto a todos.
  3. Promover hábitos alimentarios e un estilo de vida saudables: a familia debe ser un modelo de saúde para @s nen@s.
  4. Potenciar a comida en familia:  alimentación como acto familiar.
  5. Ofrecer ferramientas para desenvolver o pensamento crítico frente a estereotipos de beleza difundidos nos medios de comunicación. 
  6. Fomentar a comunicación na familia: escoitar a opinión d@s nen@s . 
  7. Compartir actividades no tempo de lecer: realizar actividades deportivas xuntos, saídas culturais, lectura, etc.
  8. Rexeitar ideais estéticos non realistas que poidan poñer en risco a saúde 
  9. Fomento da autonomía: evitar a sobreprotección para favorecer a autoestima e a  seguridade persoal.
  10. Advertil@s dos contenidos nocivos da internet e as  redes sociais: páxinas web e redes sociais que  fan apoloxía da anorexia e a bulimia.

ENLACES DE INTERESE









fontes:
https://faros.hsjdbcn.org/es/tema/anorexia-bulimia
https://www.santjoandedeu.edu.es/es/escola-universitaria-infermeria/noticias/trastornos-alimentarios-anorexia
https://faros.hsjdbcn.org/es/articulo/trastornos-conducta-alimentaria-factores-riesgo-senales-alerta

mércores, 22 de abril de 2020

IOGA NO XIMNASIO


   Hoxe a miña proposta é moi relaxante. Que tal foi o comecocos?? Espero que ben.

    Vamos a ir ao noso ximnasio a facer unha sesión de ioga para principiantes O percorrido son catro asanas de iniciación, que vos explico en cada número.

    ACOMPAÑÁDESME?👏👏👏👏👏



https://view.genial.ly/5e9eb6ba42b8b70da8f30c4b/interactive-image-sesion-de-ioga
             


Moito ánimo e agardo os vosos comentarios!!!🌈🌈


















luns, 20 de abril de 2020

COMECOCOS

A proposta de hoxe ven cargada de enerxía!! Vamos facer un comecocos para facer exercicio que podedes adaptar á idade d@speques.

A miña proposta vai para...SUDAR!!!!😉😉

Fíxenvos este pequeno video para que lembredes como se fai un comecocos.👁️👁️👁️







As miñas propostas para as 8 lapelas son:

❤️ Saltos á pata coxa ( 10 con cada perna)



🧡 Plancha facial 10" ( lembra tirar do embigo cara as costas/abdome duro)


💛  Skipping ou xeonllos ao peito 10"

💚 Sentadillas 10. Lembra flexión de xeonllos ata os 90°, sen inclinacións cara adiante.

💙Secuencia agachados-plancha-agachados_salto estirándose.  5 veces

💜 Abdominais 10. Pernas flexionadas, cóbados abertos, mirada no teito,subimos un pouco soltando aire pola boca, baixamos collendo aire polo nariz.

🖤 Dende plancha facial con apoio facemos extensións de brazo alternativas. 10 cambios.

◻️Jumping jacks 10 saltos abrindo e pechando pernas acompañan brazos.


FELIZ ENTRENO e MOITO ÀNIMO!!🌈🌈

mércores, 15 de abril de 2020

O prato Harvard

Na proposta de hoxe vamos  falar de alimentación. Tedes fame??
Que é o plato Harvard?
É un prato combinado? Pois dalgún modo si!

O prato Harvard é un pRato onde os distintos nutrintes aparecen diferenciados por cores para representar cal sería o prato saudable. Como vedes a metade deberían seR vitaminas (froita e verduras). 1/4 grans integrais (hidratos de c.) e 1/4 proteína (peixe, polo , legumes...)
 En Valores Cívicos traballamos este prato pintando cada porción da cor correspondente.  Podemos repasalo con un prato de cartón ou un folio faremos un círculo e dividirémolo coas tres porcións. (lembrades? o meu está no taboleiro do ximnasio)


Aquí vos deixo algunha actividade para divertir e repasar

Para @s peques:

Plato harvard recortable

Para @s maiores 5º e 6º

NUTRICIÓN


fuentes:
https://www.hsph.harvard.edu/nutritionsource/healthy-eating-plate/translations/spanish/

https://www.institutotomaspascualsanz.com/manualidades-infantiles-my-plate-ninos/




MOITO ÁNIMO FAMILIAS!!!!! 🌈🌈🌈

mércores, 8 de abril de 2020

SEGUIR APRENDENDO...


    Hoxe a miña proposta non é específica de educación física senón que é un pequeno filtro de moitas das app ou plataformas na internet para nenos e nenas. Queremos seguir  aprendendo pero dun xeito divertido.  Aquí vos deixo alguhas delas....


Academons: centos de actividades interactivas para aprender lengua, matemáticas, ciencias sociais , ciencias naturais e inglés.



ACADEMONS



Brain pop: acceso a unha plataforma onde diariamente se colgan PELÍCULAS ANIMADAS de diferentes temáticas saúde, matemáticas, arte, música... O Ceip de Viñas ten rexistro. Contactade comigo para que vos envíe usuario e clave





BRAIN POP


MARS Misión aprender repasando. Exercicios de repaso formulados como retos  para 3º,4º,5º,6º da editorial SM


                                                           
M.A.R.S.


Smartick: aprendizaxe matemático dunha maneira divertida a través de xogos e retos.


aplicaciones para centros


https://www.smartick.es/


Mundo primaria: ofrece xogos para facilitar aprendizaxe, apuntes, videos explicativos e cuestionarios para avaliar coñecementos. 


aplicaciones para centros


MUNDOPRIMARIA



Duolingo: aplicación para aprender idiomas , neste caso inglés.


Duolingo




Astrokids: mellora aprendizaxe do inglés a través de xogos, máis de 500 novas palabras, un amplo vocabulario temático


.ASTROKIDS


Espero que vos sexa de interese , que disfrutes das súas posibilidades e por suposto agardo os vosos comentarios.

MOITO ÁNIMO🌈🌈🌈🌈🌈










sábado, 4 de abril de 2020

TODO VAI IR BEN

    A entrada de hoxe non ven como tema curricular, nin con contidos de educación física. Hoxe a entrada é para todo o alumndo de Viñas para darvos moita forza e ánimo!!!!

Pronto nos veremos!!!!🌈🌈🌈🌈



    Tamén aproveito para pedir disculpas ás familias que colaborastes na unidade de Sobre Rodas e que tan amablemente me levastes ao cole os vosos patines e bicis e que lamentablemente nestes momentos non tedes ese xoguete. Mil disculpas!😔😔😔 

mércores, 1 de abril de 2020

Lesións deportivas I

Hoxe vamos dar paso a un tema moi interesante: as lesións deportivas. Todos e todas nalgún momento sufrimos unha lesión no noso aparello locomotor que se manifesta con dor. Entón ...


QUE SON AS LESIÓNS DEPORTIVAS??

POIS É CALQUERA DANO QUE SE PRODUCE NO NOSO ORGANISMO CAUSADO POLA PRÁCTICA DUN DEPORTE OU DUN EXERCICIO FÍSICO


Pero para coñecer o noso corpo temos primeiro que facer un pequeno repaso. Aquí vos deixo  un par de actividades por niveis.

MOITO ÁNIMO PEQUES!!🌈🌈🌈🌈


 NIVEL I



                   ⏩  PARTES DO CORPO

                   ⏩   ESQUELETO

   NIVEL II

         ⏩  PARTES DO CORPO

         ⏩      SOPA DE ÓSOS



NIVEL III




        ⏩      SOPA DE ÓSOS

        ⏩            ESQUELETO



*** QUE VOS PARECEN? SINXELAS?
AGARDO IMPACIENTE OS VOSOS COMENTARIOS!!!🌈


luns, 30 de marzo de 2020

A xogarrrr!!!

   A proposta de hoxe ten como finalidade practicar unha habilidade motriz pero ao mesmo tempo poder fabricar xoguetes con material de refugallo.
   Seguro que xa tedes os xoguetes moi moi moi vistos!!! 👁️👁️👁️
   💡💡Pois teño a solución!!! Vamos darlle unha segunda vida a eses materiais que temos pola casa. Deixovos un video demostrativo que vai cargado de enerxía para vós!!!!






                             FELIZ LUNS !!!!!


*Podemos utilizar cinta adhesiva ou silicona
 (con axuda dun adulto)

*A pelota podémola facer con papel (varias capas esmagadiñas para que teña algo de peso)

*Para aumentar a dificultade da coordinación podemos facelo cunha botella das pequenas.😉

mércores, 25 de marzo de 2020

A Comer con SENTIDIÑO!!

    Bo día familias, nestes días nos que a actividade e o exercicio  físico son menores aos habituais é importante seguir manténdose activos pero ainda o é máis a nosa alimentación. Temos que lembrar as racións que necesitamos e de qué nutrintes.  Nestes días temos que fuxir de precociñados, bebidas azucaradas, lambetadas, bollería...MÁIS CA NUNCA!!





















fuente: Fundacióndelcorazón.com











fuente SENC



Aquí vos deixo algunha actividade para repasar a importancia dunha alimentación saudable e xa sabedes a comer con....SENTIDIÑO !!!

Infantil

LLuvia sabrosa 

Actividade básica

ACTIVIDADE 5º-6º

Xogo Racións

XOGO PIRÁMIDE

 Caderno imprimible (fuente Orientación Andújar)





luns, 23 de marzo de 2020

ENTRAMOS...BAILANDO

   Cal é a  mellor proposta para entrar na semana? Pois bailandoooooo.
   Vámolo facer cunha coreo que sabe todo o centro "Depende de los 2 ".
   Lémbrovos que xurde coma un proxecto de centro entre CRA Alto Gállego e CEIP Puente Sardas.
Podedes botarlle un ollo na seguinte ligazón

 Proxecto Depende de los 2


A coreografía que todos os grupos bailamos podedes seguila nesta ligazón:

A BAILARRR!!!!!








Boa semana familias!!!


xoves, 19 de marzo de 2020

En forma!!!!!!

Para estes días non podemos esquecer a actividade física. Podemos manternos activos?? CLARO!!
Podemos facer un montón de circuítos con pouco material (sillas, cinta, pelota...) e un pequeno espazo.
Aquí vos deixo unha pequena mostra de exercicio en familia.

TODO VAI ir BeN! MOITO ÁniMO!!!!






(Fuente:saposyprincesas.elmundo.es)



(Fuente:aventurasmenudas.wordpress.com)

mércores, 11 de marzo de 2020

Sobre Rooooodas!

Comezamos a rodar e xa se ven moitos avances. Coidamos o material, respectamos os sinais e xa hai melloras no equilibrio!!!

Moi contenta con estes  peques tan responsables!!






domingo, 8 de marzo de 2020

Irene G. Basanta unha pioneira!

   Lembrades a esta muller? O ano pasado profundizamos sobre a súa labor no deporte feminino. Abríu camiño coa súa valentía ás seguintes.

   Aquí vos deixo un enlace moi interesante sobre Irene G. Basanta. Feliz 8M!!!!

Irene González unha pioneira





venres, 14 de febreiro de 2020

Moi EQUILIBRADOS!

      Dende o regreso de Nadal estamos traballando os saltos, os xiros e os equilibrios. Deixovos algunha foto para que vexades o ben que o pasamos nas clases de psico Infantil A!