xoves, 30 de abril de 2020

TCA trastornos Conduta Alimentaria

     Nesta entrada vamos a tratar os trastornos das condutas alimentarias TCA. Nas clases de educación  física traballamos os hábitos saudables, o plato Harvard, a importancia das froitas... pero hoxe vamos apuntar unha problemática que pode afecta dende idades escolares aos nosos nen@s .


ENFOQUE 1:  PARA ESCOLARES





DESTACAMOS TRES TRASTORNOS:

ANOREXIA NERVIOSA: é un transtorno do comportamento alimentario moi grave. Cunha preocupación excesiva pola  figura,desexo irrefreable por adelgazar, deixan de comer moitos alimentos que consideran  que teñen moitas calorías, pero por moito que adelgacen  presentan unha distorsión da súa imaxe corporal (non lle gusta o que ven no espello). Introvertidos, fuxen das comidas en familia con calquera desculpa, exercicio físico abundante, sensación de frío e estrinximento a cotío.




BULIMIA NERVIOSA: caracterízase por episodios de atracóns (inxesta voraz e incontrolada),  nas que inxire gran cantidade de alimento en pouco espazo de tempo, normalmente en secreto, e con sensación de pérdida de control. Intentan compensar os efectos da sobreinxesta mediante vómitos autoinducidos, exercicio físico, laxantes... Pasa máis desapercibida que a anorexia.

TRASTORNO POR ATRACÓNS: CaracterÍzase pola inxesta voraz (atracóns), similar á dos pacientes con bulimia nerviosa. A diferencia está en que a persoa con trastorno por atracóns non incurre en mecanismos compensatorios á inxesta voraz, co paso do tempo camiñaremos cara un problema de sobrepeso e obesidade.

    ENFOQUE  2:  PARA FAMILIAS
A información aportada nesta entrada está extraída da plataforma dixital  FAROS Sant Joan de Déu  para a promoción da saúde o benestar infantil  do Hospital Sant Joan de Dèu Barcelona

    Os trastornos da conduta alimentaria (TCA) constitúen un grupo de desórdes mentais que se caracterizan por unha conduta alterada fronte á inxesta alimentaria e pensamentos erróneos en relación á dieta, o peso e a  figura corporal. Son patoloxías de orixe multifuncional con diversos factores implicados.


fonte: Hospital Clinic Barcelona

Decálogo para previr os transtornos da conduta alimentaria

  1. Potenciación da autoestima: importancia de reforzar positivamente a súa personalidade eas súas habilidades en vez de aquelo que ten que ver coa apariencia física.
  2. Favorecer unha autoimaxe corporal positiva:  aceptar as diferencias e potenciar o respecto a todos.
  3. Promover hábitos alimentarios e un estilo de vida saudables: a familia debe ser un modelo de saúde para @s nen@s.
  4. Potenciar a comida en familia:  alimentación como acto familiar.
  5. Ofrecer ferramientas para desenvolver o pensamento crítico frente a estereotipos de beleza difundidos nos medios de comunicación. 
  6. Fomentar a comunicación na familia: escoitar a opinión d@s nen@s . 
  7. Compartir actividades no tempo de lecer: realizar actividades deportivas xuntos, saídas culturais, lectura, etc.
  8. Rexeitar ideais estéticos non realistas que poidan poñer en risco a saúde 
  9. Fomento da autonomía: evitar a sobreprotección para favorecer a autoestima e a  seguridade persoal.
  10. Advertil@s dos contenidos nocivos da internet e as  redes sociais: páxinas web e redes sociais que  fan apoloxía da anorexia e a bulimia.

ENLACES DE INTERESE









fontes:
https://faros.hsjdbcn.org/es/tema/anorexia-bulimia
https://www.santjoandedeu.edu.es/es/escola-universitaria-infermeria/noticias/trastornos-alimentarios-anorexia
https://faros.hsjdbcn.org/es/articulo/trastornos-conducta-alimentaria-factores-riesgo-senales-alerta

mércores, 22 de abril de 2020

IOGA NO XIMNASIO


   Hoxe a miña proposta é moi relaxante. Que tal foi o comecocos?? Espero que ben.

    Vamos a ir ao noso ximnasio a facer unha sesión de ioga para principiantes O percorrido son catro asanas de iniciación, que vos explico en cada número.

    ACOMPAÑÁDESME?👏👏👏👏👏



https://view.genial.ly/5e9eb6ba42b8b70da8f30c4b/interactive-image-sesion-de-ioga
             


Moito ánimo e agardo os vosos comentarios!!!🌈🌈


















luns, 20 de abril de 2020

COMECOCOS

A proposta de hoxe ven cargada de enerxía!! Vamos facer un comecocos para facer exercicio que podedes adaptar á idade d@speques.

A miña proposta vai para...SUDAR!!!!😉😉

Fíxenvos este pequeno video para que lembredes como se fai un comecocos.👁️👁️👁️







As miñas propostas para as 8 lapelas son:

❤️ Saltos á pata coxa ( 10 con cada perna)



🧡 Plancha facial 10" ( lembra tirar do embigo cara as costas/abdome duro)


💛  Skipping ou xeonllos ao peito 10"

💚 Sentadillas 10. Lembra flexión de xeonllos ata os 90°, sen inclinacións cara adiante.

💙Secuencia agachados-plancha-agachados_salto estirándose.  5 veces

💜 Abdominais 10. Pernas flexionadas, cóbados abertos, mirada no teito,subimos un pouco soltando aire pola boca, baixamos collendo aire polo nariz.

🖤 Dende plancha facial con apoio facemos extensións de brazo alternativas. 10 cambios.

◻️Jumping jacks 10 saltos abrindo e pechando pernas acompañan brazos.


FELIZ ENTRENO e MOITO ÀNIMO!!🌈🌈

mércores, 15 de abril de 2020

O prato Harvard

Na proposta de hoxe vamos  falar de alimentación. Tedes fame??
Que é o plato Harvard?
É un prato combinado? Pois dalgún modo si!

O prato Harvard é un pRato onde os distintos nutrintes aparecen diferenciados por cores para representar cal sería o prato saudable. Como vedes a metade deberían seR vitaminas (froita e verduras). 1/4 grans integrais (hidratos de c.) e 1/4 proteína (peixe, polo , legumes...)
 En Valores Cívicos traballamos este prato pintando cada porción da cor correspondente.  Podemos repasalo con un prato de cartón ou un folio faremos un círculo e dividirémolo coas tres porcións. (lembrades? o meu está no taboleiro do ximnasio)


Aquí vos deixo algunha actividade para divertir e repasar

Para @s peques:

Plato harvard recortable

Para @s maiores 5º e 6º

NUTRICIÓN


fuentes:
https://www.hsph.harvard.edu/nutritionsource/healthy-eating-plate/translations/spanish/

https://www.institutotomaspascualsanz.com/manualidades-infantiles-my-plate-ninos/




MOITO ÁNIMO FAMILIAS!!!!! 🌈🌈🌈

mércores, 8 de abril de 2020

SEGUIR APRENDENDO...


    Hoxe a miña proposta non é específica de educación física senón que é un pequeno filtro de moitas das app ou plataformas na internet para nenos e nenas. Queremos seguir  aprendendo pero dun xeito divertido.  Aquí vos deixo alguhas delas....


Academons: centos de actividades interactivas para aprender lengua, matemáticas, ciencias sociais , ciencias naturais e inglés.



ACADEMONS



Brain pop: acceso a unha plataforma onde diariamente se colgan PELÍCULAS ANIMADAS de diferentes temáticas saúde, matemáticas, arte, música... O Ceip de Viñas ten rexistro. Contactade comigo para que vos envíe usuario e clave





BRAIN POP


MARS Misión aprender repasando. Exercicios de repaso formulados como retos  para 3º,4º,5º,6º da editorial SM


                                                           
M.A.R.S.


Smartick: aprendizaxe matemático dunha maneira divertida a través de xogos e retos.


aplicaciones para centros


https://www.smartick.es/


Mundo primaria: ofrece xogos para facilitar aprendizaxe, apuntes, videos explicativos e cuestionarios para avaliar coñecementos. 


aplicaciones para centros


MUNDOPRIMARIA



Duolingo: aplicación para aprender idiomas , neste caso inglés.


Duolingo




Astrokids: mellora aprendizaxe do inglés a través de xogos, máis de 500 novas palabras, un amplo vocabulario temático


.ASTROKIDS


Espero que vos sexa de interese , que disfrutes das súas posibilidades e por suposto agardo os vosos comentarios.

MOITO ÁNIMO🌈🌈🌈🌈🌈










sábado, 4 de abril de 2020

TODO VAI IR BEN

    A entrada de hoxe non ven como tema curricular, nin con contidos de educación física. Hoxe a entrada é para todo o alumndo de Viñas para darvos moita forza e ánimo!!!!

Pronto nos veremos!!!!🌈🌈🌈🌈



    Tamén aproveito para pedir disculpas ás familias que colaborastes na unidade de Sobre Rodas e que tan amablemente me levastes ao cole os vosos patines e bicis e que lamentablemente nestes momentos non tedes ese xoguete. Mil disculpas!😔😔😔 

mércores, 1 de abril de 2020

Lesións deportivas I

Hoxe vamos dar paso a un tema moi interesante: as lesións deportivas. Todos e todas nalgún momento sufrimos unha lesión no noso aparello locomotor que se manifesta con dor. Entón ...


QUE SON AS LESIÓNS DEPORTIVAS??

POIS É CALQUERA DANO QUE SE PRODUCE NO NOSO ORGANISMO CAUSADO POLA PRÁCTICA DUN DEPORTE OU DUN EXERCICIO FÍSICO


Pero para coñecer o noso corpo temos primeiro que facer un pequeno repaso. Aquí vos deixo  un par de actividades por niveis.

MOITO ÁNIMO PEQUES!!🌈🌈🌈🌈


 NIVEL I



                   ⏩  PARTES DO CORPO

                   ⏩   ESQUELETO

   NIVEL II

         ⏩  PARTES DO CORPO

         ⏩      SOPA DE ÓSOS



NIVEL III




        ⏩      SOPA DE ÓSOS

        ⏩            ESQUELETO



*** QUE VOS PARECEN? SINXELAS?
AGARDO IMPACIENTE OS VOSOS COMENTARIOS!!!🌈