luns, 20 de abril de 2020

COMECOCOS

A proposta de hoxe ven cargada de enerxía!! Vamos facer un comecocos para facer exercicio que podedes adaptar á idade d@speques.

A miña proposta vai para...SUDAR!!!!😉😉

Fíxenvos este pequeno video para que lembredes como se fai un comecocos.👁️👁️👁️







As miñas propostas para as 8 lapelas son:

❤️ Saltos á pata coxa ( 10 con cada perna)



🧡 Plancha facial 10" ( lembra tirar do embigo cara as costas/abdome duro)


💛  Skipping ou xeonllos ao peito 10"

💚 Sentadillas 10. Lembra flexión de xeonllos ata os 90°, sen inclinacións cara adiante.

💙Secuencia agachados-plancha-agachados_salto estirándose.  5 veces

💜 Abdominais 10. Pernas flexionadas, cóbados abertos, mirada no teito,subimos un pouco soltando aire pola boca, baixamos collendo aire polo nariz.

🖤 Dende plancha facial con apoio facemos extensións de brazo alternativas. 10 cambios.

◻️Jumping jacks 10 saltos abrindo e pechando pernas acompañan brazos.


FELIZ ENTRENO e MOITO ÀNIMO!!🌈🌈

Ningún comentario:

Publicar un comentario