luns, 30 de xaneiro de 2017

FROITA FRESCA

Todos escoitamos milleiros de veces que a froita é boa pero cal é motivo desta afirmación?
Pois ben, a importancia de incluír a froita fresca na dieta ( sobre todo na infancia ) responde á gran cantidade de  vitaminas, minerais e antioxidantes, todos nutrintes esenciais para o correcto funcionamento do noso organismo. Tamén son ricas en fibra e auga, e o seu contido en grasas é realmente baixo. Atopámonos cuns alimentos saudables que axudan aos máis pequenos a crecer e a que se desenvolvan dun xeito óptimo.
Grazas á súa riqueza en auga e fibra aportan saciedade, o que unido ao seu baixo contido calórico, son alimentos ideais na prevención da obesidade infantil.
Axudan na prevención de  enfermidades coma:  cancro infantil, enfermidades cardiovasculares (entre elas diabetes e colesterol alto, que se incrementan día a día nos nenos e nenas dun xeito alarmante), trastornos dixestivos e enfermidades neurodexenerativas.

O CEIP de Viñas segue participando ano a ano no Programa de Consumo de Froitas e Hortalizas na Escola. Somos sabedores da importancia que ten educar nunha dieta saudable e na pasada semana pintamos de cores as nosas merendas: verde mazá, amarelo plátano, laranxa mandarina... 
(aquí vos deixo algunha fotiño, dá gusto velos comer! )