Hoxe mércores día 23 de outubro tivemos novamente visita no cole. Quen veu? quen veu? Pois nada máis e nada menos que dúas xogadoras do POIO PESCAMAR, Miriam Ruíz e Daniella Sousa, e o director da base do clube e segundo entrenador, Carlos Santamaría.
Fixeron unha práctica co alumnado de educación infantil e con primeiro e segundo de primaria. Os nosos nenos e nenas quedaron encantados. Agardamos que novamente veñan polo cole e poidamos seguir practicando o futbol sala coa elite que temos aquí no Concello.
Carlos Santamaría cos máis peques.
As xogadoras do clube rojillo na nosa pista
Este blog foi creado coa finalidade de converterse nunha ventá á aula de educación física do C.E.I.P. de Viñas.
mércores, 23 de outubro de 2019
martes, 8 de outubro de 2019
Boa Vila Basket visita o Viñas
Iniciamos o mes de outubro coa vista do Boa Vila Basket ao centro. En concreto foron dúas xornadas de promoción do baloncesto (o día 1 e o 7).
Os/As nosos/as alumnos/as poideron disfrutar dunha clase con profesionais deste deporte e aprendemos moitas cousas! Fernando Gallego e Denís Losada amosáronlle exercicios de técnica individual e xogos de lanzamento.
Aquí vos deixo algunha fotiño das sesións !

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)