mércores, 8 de novembro de 2017

Federación Galega de Loita

    O pasado tres de novembro tivemos unha sesión de Educación Física moi especial.      Visitounos Rubén Méndez, tècnico da Federación Galega de Loita.
   Aprendemos moitas cousas e a práctica foi moi intensa. Aquí vedes algúns momentos da mañá sobre o tapiz.




luns, 23 de outubro de 2017

Preparando a Course Navette

Este mes estamos traballando a técnica de carreira nas sesións de educación física. Entre outras cousas experimentamos o test de course navette (coñecido popularmente coma "o test dos pitidos").  Para aqueles que non a coñecedes é unha proba que se realiza en nenos e nenas rematando a infancia e adolescentes para medir a capacidade aeróbica ou resistencia cardio pulmonar. Tamén se emprega en deportistas profesionais.
Para levala  a cabo soamente necesitamos medir una recta de 20 metros na pista e dispoñer do audio cos pitidos. Veremos cantas veces somos capaces de percorrer a distancia de 20 metros aumentando progresivamente  a nosa velocidade.



luns, 15 de maio de 2017

ARTISTAS NO XIMNASIO

Quen dixo que no ximnasio soamente hai carreiras e saltos?

No ximnasio temos artistas dos ladrillos e as picas, temos traballo cooperativo e mooooooitas ganas de pasalo ben. As obras expostas hoxe son moi variadas e efímeras. 
Botádelle un ollo que apuntan maneiras.





martes, 28 de marzo de 2017

ESTIRAR, ESTIRAR MOITO.

Sempre se fala da importancia dos estiramentos antes e despois da práctica deportiva, pero o tempo das sesións escolares non axuda. Chegas á instalación, cambio zapatillas, quecementos, aseos, regresos... as sesións fanse a contrarreloxo.  Buscaremos un oco , ainda que sexa pequeno para educar nesta saudable costume. Lembrade que se deben  facer de xeito progresivo e manter 20 segundiños .

Cales son os seus beneficios?

- Axúdannos a liberar a tensión dos grupos musculares traballados.
- Relaxan a mente e traballan a conciencia sobre o esquema corporal.
- Acelérase o proceso de eliminación de ácido láctico.
- Prevención de cambras musculares.
- Evitan a pérdida de mobilidade e aumenta a elasticidade.
- Reduce a aparición de lesións
-...









Agradecemento ao alumnado de 6º de Primaria pola súa participación.

luns, 30 de xaneiro de 2017

FROITA FRESCA

Todos escoitamos milleiros de veces que a froita é boa pero cal é motivo desta afirmación?
Pois ben, a importancia de incluír a froita fresca na dieta ( sobre todo na infancia ) responde á gran cantidade de  vitaminas, minerais e antioxidantes, todos nutrintes esenciais para o correcto funcionamento do noso organismo. Tamén son ricas en fibra e auga, e o seu contido en grasas é realmente baixo. Atopámonos cuns alimentos saudables que axudan aos máis pequenos a crecer e a que se desenvolvan dun xeito óptimo.
Grazas á súa riqueza en auga e fibra aportan saciedade, o que unido ao seu baixo contido calórico, son alimentos ideais na prevención da obesidade infantil.
Axudan na prevención de  enfermidades coma:  cancro infantil, enfermidades cardiovasculares (entre elas diabetes e colesterol alto, que se incrementan día a día nos nenos e nenas dun xeito alarmante), trastornos dixestivos e enfermidades neurodexenerativas.

O CEIP de Viñas segue participando ano a ano no Programa de Consumo de Froitas e Hortalizas na Escola. Somos sabedores da importancia que ten educar nunha dieta saudable e na pasada semana pintamos de cores as nosas merendas: verde mazá, amarelo plátano, laranxa mandarina... 
(aquí vos deixo algunha fotiño, dá gusto velos comer! )