luns, 30 de marzo de 2020

A xogarrrr!!!

   A proposta de hoxe ten como finalidade practicar unha habilidade motriz pero ao mesmo tempo poder fabricar xoguetes con material de refugallo.
   Seguro que xa tedes os xoguetes moi moi moi vistos!!! 👁️👁️👁️
   💡💡Pois teño a solución!!! Vamos darlle unha segunda vida a eses materiais que temos pola casa. Deixovos un video demostrativo que vai cargado de enerxía para vós!!!!






                             FELIZ LUNS !!!!!


*Podemos utilizar cinta adhesiva ou silicona
 (con axuda dun adulto)

*A pelota podémola facer con papel (varias capas esmagadiñas para que teña algo de peso)

*Para aumentar a dificultade da coordinación podemos facelo cunha botella das pequenas.😉

mércores, 25 de marzo de 2020

A Comer con SENTIDIÑO!!

    Bo día familias, nestes días nos que a actividade e o exercicio  físico son menores aos habituais é importante seguir manténdose activos pero ainda o é máis a nosa alimentación. Temos que lembrar as racións que necesitamos e de qué nutrintes.  Nestes días temos que fuxir de precociñados, bebidas azucaradas, lambetadas, bollería...MÁIS CA NUNCA!!





















fuente: Fundacióndelcorazón.com











fuente SENC



Aquí vos deixo algunha actividade para repasar a importancia dunha alimentación saudable e xa sabedes a comer con....SENTIDIÑO !!!

Infantil

LLuvia sabrosa 

Actividade básica

ACTIVIDADE 5º-6º

Xogo Racións

XOGO PIRÁMIDE

 Caderno imprimible (fuente Orientación Andújar)





luns, 23 de marzo de 2020

ENTRAMOS...BAILANDO

   Cal é a  mellor proposta para entrar na semana? Pois bailandoooooo.
   Vámolo facer cunha coreo que sabe todo o centro "Depende de los 2 ".
   Lémbrovos que xurde coma un proxecto de centro entre CRA Alto Gállego e CEIP Puente Sardas.
Podedes botarlle un ollo na seguinte ligazón

 Proxecto Depende de los 2


A coreografía que todos os grupos bailamos podedes seguila nesta ligazón:

A BAILARRR!!!!!








Boa semana familias!!!


xoves, 19 de marzo de 2020

En forma!!!!!!

Para estes días non podemos esquecer a actividade física. Podemos manternos activos?? CLARO!!
Podemos facer un montón de circuítos con pouco material (sillas, cinta, pelota...) e un pequeno espazo.
Aquí vos deixo unha pequena mostra de exercicio en familia.

TODO VAI ir BeN! MOITO ÁniMO!!!!






(Fuente:saposyprincesas.elmundo.es)



(Fuente:aventurasmenudas.wordpress.com)

mércores, 11 de marzo de 2020

Sobre Rooooodas!

Comezamos a rodar e xa se ven moitos avances. Coidamos o material, respectamos os sinais e xa hai melloras no equilibrio!!!

Moi contenta con estes  peques tan responsables!!






domingo, 8 de marzo de 2020

Irene G. Basanta unha pioneira!

   Lembrades a esta muller? O ano pasado profundizamos sobre a súa labor no deporte feminino. Abríu camiño coa súa valentía ás seguintes.

   Aquí vos deixo un enlace moi interesante sobre Irene G. Basanta. Feliz 8M!!!!

Irene González unha pioneira