mércores, 23 de outubro de 2019

TEMOS VISITA!!!!

Hoxe mércores día 23 de outubro tivemos novamente visita no cole. Quen veu? quen veu? Pois nada máis e nada menos que dúas xogadoras do POIO PESCAMAR, Miriam Ruíz e Daniella Sousa, e o director da base do clube e segundo entrenador, Carlos Santamaría.
 Fixeron  unha práctica co alumnado de educación infantil e con primeiro e segundo de primaria. Os nosos nenos e nenas quedaron encantados. Agardamos que novamente veñan polo cole e poidamos seguir practicando o futbol sala coa elite que temos aquí no Concello.



          Carlos Santamaría   cos máis peques.



      As xogadoras do clube rojillo na nosa pista



martes, 8 de outubro de 2019

Boa Vila Basket visita o Viñas

     Iniciamos o mes de outubro coa vista do Boa Vila Basket ao centro. En concreto foron dúas  xornadas de promoción do baloncesto (o día 1 e o 7).
     Os/As nosos/as alumnos/as poideron disfrutar dunha clase con profesionais deste deporte e aprendemos moitas cousas! Fernando Gallego e Denís Losada amosáronlle exercicios de técnica individual e xogos de lanzamento.
                                Aquí vos deixo algunha fotiño das sesións !




martes, 21 de maio de 2019

REANIMANDO !!!!

Este ano introducimos na programación os primeiros auxilios coa idea de formar alumnos e alumnas o máis competentes posible. Aprendizaxes vitais que poidan utilizar ao longo da súa vida e que lle permitan resolver situacións cotiás con premura e coa máxima efiencia.

Rematamos as xornadas aprendendo como realizar unha R.C.P. Básica. Aquí vos deixo algunha foto das sesións para que vexades que profesionais temos en Viñas.

ORGULLOSA NON!!!!!   O SEGUINTE!!!!!!!