mércores, 23 de outubro de 2019

TEMOS VISITA!!!!

Hoxe mércores día 23 de outubro tivemos novamente visita no cole. Quen veu? quen veu? Pois nada máis e nada menos que dúas xogadoras do POIO PESCAMAR, Miriam Ruíz e Daniella Sousa, e o director da base do clube e segundo entrenador, Carlos Santamaría.
 Fixeron  unha práctica co alumnado de educación infantil e con primeiro e segundo de primaria. Os nosos nenos e nenas quedaron encantados. Agardamos que novamente veñan polo cole e poidamos seguir practicando o futbol sala coa elite que temos aquí no Concello.



          Carlos Santamaría   cos máis peques.



      As xogadoras do clube rojillo na nosa pista



Ningún comentario:

Publicar un comentario