martes, 28 de abril de 2020

POIO Móvese

POIO MÓVESE...NA CASA!


    Dende o Concello de Poio acaba de poñerse en marcha unha iniciativa relacionada coa educación física: deporte na casa. Trátase dunhas master class protagonizadas por figuras destacadas do Concello.
    Son  rutinas de exercicios que estes deportistas realizan durante o confinamento á espera de retomar as competicións.
   A primeira en participar é Silvia Aguete, a mellor porteira do mundo , que na actualidade como sabedes defende a portería do Poio Pescamar. A súa rutina é de CORE para fortalecer a faixa abdominal.

Componse de cinco exercicios , duración de cada exercicio 15- 20 segundos.

 Animádevos a intentalo!!!💪💪💪

 Click no enlace para ver o video      Rutina de Silvia Aguete

1. Plancha Frontal
2.Plancha lateral ( apoio brazo dereito e logo con apoio brazo esquerdo)
3. Elevación Pelvis

4. Elevación pernas

Ánimo e forza que xa non queda nada!!!🌈🌈🌈



Fonte: facebook Poio Móvese

Ningún comentario:

Publicar un comentario