xoves, 30 de abril de 2020

TCA trastornos Conduta Alimentaria

     Nesta entrada vamos a tratar os trastornos das condutas alimentarias TCA. Nas clases de educación  física traballamos os hábitos saudables, o plato Harvard, a importancia das froitas... pero hoxe vamos apuntar unha problemática que pode afecta dende idades escolares aos nosos nen@s .


ENFOQUE 1:  PARA ESCOLARES





DESTACAMOS TRES TRASTORNOS:

ANOREXIA NERVIOSA: é un transtorno do comportamento alimentario moi grave. Cunha preocupación excesiva pola  figura,desexo irrefreable por adelgazar, deixan de comer moitos alimentos que consideran  que teñen moitas calorías, pero por moito que adelgacen  presentan unha distorsión da súa imaxe corporal (non lle gusta o que ven no espello). Introvertidos, fuxen das comidas en familia con calquera desculpa, exercicio físico abundante, sensación de frío e estrinximento a cotío.




BULIMIA NERVIOSA: caracterízase por episodios de atracóns (inxesta voraz e incontrolada),  nas que inxire gran cantidade de alimento en pouco espazo de tempo, normalmente en secreto, e con sensación de pérdida de control. Intentan compensar os efectos da sobreinxesta mediante vómitos autoinducidos, exercicio físico, laxantes... Pasa máis desapercibida que a anorexia.

TRASTORNO POR ATRACÓNS: CaracterÍzase pola inxesta voraz (atracóns), similar á dos pacientes con bulimia nerviosa. A diferencia está en que a persoa con trastorno por atracóns non incurre en mecanismos compensatorios á inxesta voraz, co paso do tempo camiñaremos cara un problema de sobrepeso e obesidade.

    ENFOQUE  2:  PARA FAMILIAS
A información aportada nesta entrada está extraída da plataforma dixital  FAROS Sant Joan de Déu  para a promoción da saúde o benestar infantil  do Hospital Sant Joan de Dèu Barcelona

    Os trastornos da conduta alimentaria (TCA) constitúen un grupo de desórdes mentais que se caracterizan por unha conduta alterada fronte á inxesta alimentaria e pensamentos erróneos en relación á dieta, o peso e a  figura corporal. Son patoloxías de orixe multifuncional con diversos factores implicados.


fonte: Hospital Clinic Barcelona

Decálogo para previr os transtornos da conduta alimentaria

  1. Potenciación da autoestima: importancia de reforzar positivamente a súa personalidade eas súas habilidades en vez de aquelo que ten que ver coa apariencia física.
  2. Favorecer unha autoimaxe corporal positiva:  aceptar as diferencias e potenciar o respecto a todos.
  3. Promover hábitos alimentarios e un estilo de vida saudables: a familia debe ser un modelo de saúde para @s nen@s.
  4. Potenciar a comida en familia:  alimentación como acto familiar.
  5. Ofrecer ferramientas para desenvolver o pensamento crítico frente a estereotipos de beleza difundidos nos medios de comunicación. 
  6. Fomentar a comunicación na familia: escoitar a opinión d@s nen@s . 
  7. Compartir actividades no tempo de lecer: realizar actividades deportivas xuntos, saídas culturais, lectura, etc.
  8. Rexeitar ideais estéticos non realistas que poidan poñer en risco a saúde 
  9. Fomento da autonomía: evitar a sobreprotección para favorecer a autoestima e a  seguridade persoal.
  10. Advertil@s dos contenidos nocivos da internet e as  redes sociais: páxinas web e redes sociais que  fan apoloxía da anorexia e a bulimia.

ENLACES DE INTERESE









fontes:
https://faros.hsjdbcn.org/es/tema/anorexia-bulimia
https://www.santjoandedeu.edu.es/es/escola-universitaria-infermeria/noticias/trastornos-alimentarios-anorexia
https://faros.hsjdbcn.org/es/articulo/trastornos-conducta-alimentaria-factores-riesgo-senales-alerta

Ningún comentario:

Publicar un comentario